Entradas por Manu Otero

Rematou a revolución

Rematou o Salón. Longa vida ao Salón! Non sabemos se sorrir ou chorar. Estamos moi ledos por estes 21 días adicados en corpo e alma á literatura infantil e xuvenil. Fixemos de todo: obradoiros, contacontos, concertos, teatro, cociña, recibimos a nenos e nenas de coles de toda a contorna e todos os días visitáronnos ducias […]

Unha novela gráfica revolucionaria

No Salón non só organizamos obradoiros para a rapazada, tamén estreamos obras de teatro e mesmo presentamos libros. Como fixemos esta tarde coa novela gráfica “Pinturas de Guerra” de Ángel de la Calle que Retranca, de Kiko Dasilva, edita en galego. “É a novela ideal para impulsar a novela gráfica en galego”, afirmou con rotundidade […]

Ovo de vaca

Mira que as granxas sonche ben divertidas. Cos seus porquiños, as súas ovellas, os seus cabaliños, as súas vacas, os seus coellos, os seus cans pastores… Ocórresevos algo mellor? Non? Pois esta tarde no Salón, os nosos amigos de Reviravolta descubríronnos unha granxa ben diferente. Non sabemos onde está, pero ten ovellas que saltan á […]

Outra de contos

Nova rolda de visitas de escolas infantís. Hoxe foron as nenas e nenos do Vidal Portela, A Parda, Abrente e San Clemente os que gozaron dos contos de Andrea Bayer e de Charlatana, de Marta Ortiz e Brais de Hortas. Todos o pasaron en grande e mesmo participaron nas historias dos nosos contacontos favoritos. Como […]

Pinturas de guerra

Hoxe tivemos o pracer de contar no Salón cun invitado moi especial. O ilustrador salmantino Ángel de la Calle viu de visita para presentar a súa última novela gráfica “Pinturas de Guerra”. O autor falou co alumnado de centros de Secundaria de Pontevedra sobre a situación do sector, sobre as saídas laborais e sobre a […]

Risotadas

Hai moitos recunchos especiais no Salón e paga a pena asistir ás visitas guiadas que fan as nosas monitoras e monitores para explicar os contidos das exposicións que visten cada unha das paredes. Esta tarde, ademais das familias que veñen cada tarde ata o Pazo, recibimos tamén ao alumnado do FP de Educación Infantil do […]

Contacontos para tod@s

Non nos cansamos de recibir visitas no Salón. Esta mañá foi a quenda das nenas e nenos das escolas infantís do Grupo, Bicos, San Benito, Castrelo, Flavia e Tirán. Portáronse de marabilla e pasárono xenial cos contacontos de Andrea Bayer e de Charlatana. As historias da galiña Dora a Poñedora, os contos, as cancións e […]

Manga para todos

Todo o mundo sabe o que é o manga. A banda deseñada xaponesa e o seu cinema de animación. Todos coñecemos a Son Goku ou a Oliver e Benji. Diso e moito máis falounos esta mañá o ilustrador pontevedrés Kiko Dasilva e os seus axudantes Zaida Novoa, Miriam Iglesias e Víctor Rivas. O fundado de […]

A tarde pasa voando no Salón

O programa do Salón está cheo de actividades todos os días. Contacontos, obradoiros, obras de teatro… Mais esta tarde levamos unha alegría xigante cando o noso monitorado acordou organizar uns obradoiros sorpresa pola tarde. Non o agardabamos, pero pasámolo como ananos deseñando chapas, debuxando azulexos de papel para decorar a parede da nosa sala Saudade […]

Charlamos con Fina Casalderrey

Hai persoas ás que da gusto escoitar e Fina Casalderrey é, sen dúbida, unha delas. Esta tarde a tivemos de visita no Salón e conversamos dunha chea de cousas con ela, nun encontro no que participaron tamén mestras e mestres de varios centros de ensino. Ademais da súa obra, con confesións como a de que […]