Entradas por Manu Otero

Chanchadas lusas

Que ben senta a merenda no Salón. Esta tarde a nosa amiga Amelia Andrade preparounos uns bocadiños típicos de Portugal. Non, non era bacallau. Era polo, frango para os nosos veciños do sur, mais preparado dun xeito delicioso. A cativada aprendeu a facer a masa que envolveu despois o polo esmiuzado, ese que aproveitan as […]

Ler pola igualdade

Esta tarde tivemos unha conversa do máis interesante coa autora da obra “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, Iria Misa. A escritora falou con alumnos de Secundaria non só sobre o contido do libro, que o coñecían en profundidade, senón tamén sobre os problemas que sofren os nenos e nenas trans. Como a dificultade para integrarse […]

As nosas mañás, para @s nos@s peques

Seguimos coas visitas matinais do alumnado das escolas infantís. Hoxe viñeron ao Salón as nenas e nenos do Crespo Rivas, Xunqueira I, Cabanas e dos centros marinenses de Seixo, San Pedro e Carballal. É unha ledicia ollar o ben que o pasan mirando e escoitando aos nosos contacontos. Hoxe tivemos o pracer de contar con […]

Calor

A tarde foi fría e chuviosa, mais no Salón tivemos “Calor”. Non polas altas temperaturas, senón pola obra de teatro de Kikolas que leva este nome. Cun auditorio cheo de familias dispostas a gozar dunha tarde de teatro, a función xirou arredor da situación na que viven moitas persoas carentes de fogar, viaxeiros involuntarios que […]

A formiga no carreiro

Que ben o pasamos esta tarde co espectáculo musical e de contacontos que nos tiñan preparado Vero Rilo e Sonsoles Penadique, leváronnos de viaxe polas terras da lusofonía e fixéronnos, rir, bailar e cantar. Moito nos gustaron tamén os contos da tradición oral portuguesa coa natureza como protagonista de moitos deles, e a música do […]

Monstros que non dan medo

É normal terlle medo aos monstros, mais cando os coñecemos deixan de ser tan aterradores e mesmo poden chegar a ser adorables. De coñecer a fondo aos monstros da nosa cultura popular tratou o obradoiro de Ana Griott, que preguntou á cativada polos nomes dos monstros galegos que coñecían. Non faltaron mencións ao apalpador nin […]

Delicias de Timor

Na nosa cita diaria coa gastronomía lusófona tocounos viaxar ben lonxe. Ata un pequeno país do sueste asiático chamado Timor, no que tamén se fala portugués. A nosa colaboradora Amelia Andrade ensinou á cativada a preparar unha sobremesa típica daquel país: un pastel de queixo con goiabada. En vinte minutiños estaba feito e moito lambemos […]

Cinco e acción!

Sabedes o que é un zoótropo? Boa parta da cativada que participou esta mañá no obradoiro de Kraken tampouco o sabía. Trátase dun cilindro que xira sobre o seu propio eixo, nas paredes interiores leva pegadas unhas ilustracións e nas exteriores ten unhas fendas que deixan ver o seu interior. Ao xirar e ollar por […]

Ca-ra-col

Poesía, música, ilustracións e moita graza, así é o teatro para bebés que temos este domingo no Salón. Cunha posta en escena enfeitizante, a compañía Andante Teatro contounos a historia dun caracol que se colaba no sombreiro dun neno ao que lle facía cóxegas. E pola tarde temos outros dous pases ás 17 e as […]

O Salón do rock

Vaia marcha levamos hoxe no Salón. Temos o recinto ateigado coa feira do libro usado e para amenizar a mañá unha banda de rock do máis xuvenil. A rapazada do laboratorio de rock do Pazo da Cultura presentou ao público as súas creacións baseadas na revolución e na literatura, nas que levan traballando desde o […]