Entradas por Manu Otero

Canta o conto

Hoxe recibimos a visita no Salón de Elisabeth Oliveira e Gustavo Almeida. Son unha das nosas parellas de contacontos favoritas, que ben o fan!. Mentres Elisabeth conta as hitorias, Gustavo Almeida ponlle a música en directo. Ademais de entreternos con fábulas coma a do león e o chacal, aprendimos un montón de verbas novas en […]

Cociña do Brasil

Cociñeiros/as expertos/as!! Hoxe no obradoiro de petiscos lusófonos, tocou facer bolachinhas de goma ao tempo que aprendemos con Maria Amelia Andrade historias de como a nosa lingua e a irmá portuguesa, chegaron a Brasil. Cantamos cantigas, amasamos, forneamos e… papamos! Maña a receita vén chegada de Timor. Non faltedes!!!

Tod@s a escribir!

  Existen moitas maneiras de escribir, pero no Salón coñecemos as máis divertidas. Esta tarde, da man de Van Divulgación e Ceo Aberto aprendemos dúas técnicas que se levan séculos de diferenza. Seguro que todos temos na mente o coidado deseño dos antigos pergamiños, con esas letras capitulares enrevesadas, pois iso foi o que fixeron […]

Palabras viaxeiras

As palabras non só serven para expresar ideas, elas mesmas poden ter vida, ser independentes. Diso tratou algún dos contos da nosa narradora Soledad Felloza, que presentou no Recinto Feiral toda unha serie de contos nos que as palabras eran as verdadeiras protagonistas. Houbo tempo tamén para contos máis clásicos. Fose cal fose a historia, […]

Que Alegría!

Visto o ben que o pasamos onte na residencia de maiores de Campolongo co espectáculo “Alegría”, de Sergio Tannus e Marta Bravo, non ía ser nada raro que a parella convertera hoxe o Recinto Feiral nunha festa. E así o fixeron. A historia de superación da eiruga Alegra, que consegue superar a súa situación inicial […]

Libros para escapar

O Salón pechou onte á mesma hora de sempre, mais no seu interior a actividade seguiu ata media noite coa rapazada de Noites Abertas que participou nun Scape Room moi particular. Nós chamámolo Scape Book. Divididos en catro grupos, os participantes tiveron que resolver toda unha serie de adiviñas e atopar as chaves repartidas polas diferentes […]

Un home, unha orquestra

Non é nada doado poñer a bailar a todo un auditorio, mais Cé Osquestra Pantasma conseguiuno. E o fixo durante os máis de sesenta minutos que durou a súa actuación. Foi unha ledicia ver como a cativada bailaba e saltaba ao son do seu acordeón, pandeireta e bombo. Aínda non cremos como unha soa persoa […]

Poñemos cor á obra de Teijeiro

Que a cativada e as familias lean máis poesía é un dos desexos do noso autor homenaxeado, Jose Antonio García Teijeiro. Unha das formas que se nos ocorreu no Salón para axudar a que se faga realidade o seu anhelo foi organizar un obradoiro no que pequenos e maiores lesen xuntos algúns dos seus poemas […]

Patapatúm

Esta mañá máis de 500 escolares de toda a provincia gozaron con ‘Patapatum’ de Elefante Elegante. Esta tarde ás 19h. no auditorio do Pazo, pase para público familiar do Premio Maria Casares ao Mellor Espectáculo Infantil. Unha reflexión sobre como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Entradas 3€ unha hora antes na billeteira do Pazo.

Un Salón para maiores

Un dos nosos grandes desexos era facer chegar o Salón a cada recuncho da cidade, pero é que hoxe levamos a ‘Alegría’ a un destino moi especial: a Residencia de Maiores de Campolongo!! O espectáculo de Sérgio Tannus e Marta Bravo, fixo gozar á cativada do Cep Campolongo, que tamén se achegou ao auditorio, e sobre todo aos […]