Estes si que son contos

Abraiados. Así queda a cativada que participa nos contacontos do Salón do Libro. Esta mañá contamos con auténticos mestres da narración como Celso Fernández, Bru Junça, Botelho e os contadores de Migallas. O alumnado dos coles de A Lama, o Calasancio e o Brea Segade non perderon ningún detalle das historias e mesmo animáronse a compartir co contador as súas impresións sobre as peripecias dos protagonistas dos contos. Ademais, á súa entrada no Pazo, estaba Orbil agardándoos na porta. Non vos imaxinades as apertas que se deron. E que o noso Orbil é moi agarimoso.