Marina Colasanti conversa co alumnado do Luis Seoane

A nosa convidada do Brasil Marina Colasanti será a encargada de dar esta tarde a conferencia inaugural do segundo Congreso Internacional de Mediación Lectora. Pero antes compartiu un ratiño co alumnado de secundaria do IES Luis Seoane, aos que lles contou como xurdiu a súa inquedanza pola literatura e como foi a súa infancia e xuventude no Brasil.