Música, ilustración e escritura. Como molan os obradoiros do Salón

Ver o ben que o pasan as alumnas e alumnos dos centros escolares que visitan cada mañá o Salón é unha ledicia. hoxe estiveron connosco o alumnado dos colexios de A Lama, do Calasancio de Pontevedra e do Brea Segade de Rianxo. Nos seminarios aprenderon a facer unha ilustración grazas ás explicacións do ilustrador brasileiro André Neves, o seu compatriota Roger Mello ensinoulles a debuxar unha personaxe que reflicta os seus pensamentos e a parella formada pola portuguesa Elisabeth Oliveira e o músico brasileiro André Almeida mesturaron contos con música. Ademais, Van Divulgación mostrou como funciona unha imprenta e montaron unha pequena cadea de traballo para facer unha páxina dun libro no que non faltaban ilustracións, historias e mesmo letras capitulares feitas a man. A rapazada o pasou pipa!