Narración, teatro, cinema… e feminismo

Narración, teatro, cine e feminismo. Estes son os temas que trataou Raquel Queizás esta mañá no Teatro Principal. O seu espectáculo Alice Guy, a nai do cinema, conta como esta muller se namorou da literatura grazas a súa avoa. Non moitos coñecen a súa figura, mais forma parte da historia do cinema mundial por terse convertido na primeira muller en ser realizadora dunha película. Desde moi nova comezou a escribir as súas propias historias e logo foi capaz de levalas á gran pantalla.

Bravo por ela! e tamén por Raquel por darnos a coñecer a mulleres tan valerosas!