O Congreso Internacional de Mediación Lectora, en marcha

«Eu sei da importancia da lectura porque foi a que me formou». Con esta frase comezou a escritora brasileira Marina Colasanti a conferencia inaugural do segundo Congreso Internacional de Mediación Lectora que se puxo esta tarde en marcha e que encherá as próximas tres xornadas de charlas, talleres e presentación para fomentar a lectura.

Antes de que Colasanti tomara a palabra, a concelleira de Cultura Carmen Fouces, acompañada polo representante do Vicerrectorado do Campus de Pontevedra, Jose María Cancela, presentou o programa do Congreso e destacou a importancia de iniciativas como esta ao mesmo tempo que augurou unha longa vida ao congreso confiando en que «de aquí saían as persoas para facer a revolución que precisamos, unha revolución feminista», rematou.

Pola súa banda, o discurso de Colasanti, como ela mesma dixo, fuxiu de formalismos e empregou dous contos, un sobre lobos e outro sobre fadas, para explicar como funciona a natureza e a sociedade humana, e ao mesmo tempo, poñer en valor a lectura, imprescindible para a nosa cultura e crecemento persoal.

A continuación tomaron a palabra Cristina Novoa, asesora da Asociación de Bibliotecas Escolares; Ana Margarita, representante da Universidade de Aveiro; y Eulalia Agrelo, docente e investigadora da facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra e responsable, xunto coa dirección do Salón, da elaboración do programa do Congreso. As tres conversaron sobre a evolución das bibliotecas escolarea ao longo dos ñultimos anos, as necesidades que precisan e o útiles que son para a formación do alumnado.