Poñemos cor á obra de Teijeiro

Que a cativada e as familias lean máis poesía é un dos desexos do noso autor homenaxeado, Jose Antonio García Teijeiro. Unha das formas que se nos ocorreu no Salón para axudar a que se faga realidade o seu anhelo foi organizar un obradoiro no que pequenos e maiores lesen xuntos algúns dos seus poemas para logo crear unha ilustración relacionada co sentido dos versos.