Primeira xornada de obradoiros do Congreso de Mediación Lectora

Esta tarde, nos seminarios prácticos do “I Congreso Internacional de Mediación Lectora” do Salón, reescribimos contos pola igualdade da man de Verónica Pousada e Rocio G-Pedreira e falamos de selección lectora e xénero con Cristina Vázquez. Descubrimos “A voz das extremas” da man do escritor e poeta Carlos Negro e non paramos de movernos con Sabela Gago e o seu obradoiro sobre “as liñas de desexo nas protagonistas dos contos”. Para rematar, analizamos a figura das mulleres no deporte dentro da LIX da man de María Reimóndez e a súa obra ‘Corredora’.