Un home, unha orquestra

Non é nada doado poñer a bailar a todo un auditorio, mais Cé Osquestra Pantasma conseguiuno. E o fixo durante os máis de sesenta minutos que durou a súa actuación. Foi unha ledicia ver como a cativada bailaba e saltaba ao son do seu acordeón, pandeireta e bombo. Aínda non cremos como unha soa persoa pode facer soar tan ben e ao mesmo tempo tantos instrumentos e ademais cantar unhas coplas tan divertidas e apegadizas que todo o público saíu do Recinto con elas metidas na cabeza. Agardamos verte pronto de volta no Salón, para seguir movendo o esqueleto imaxinando que escalamos carballos o mergullámonos no mar, como dicían algunhas das súas cancións.