Entradas por Salón do Libro

La Nube de Papel recomenda “Ulises e as cronoamigas!

Daniel, de “La Nube de Papel”, propón a lectura de: “ULISES E AS CRONOAMIGAS. Surfistas en California”. Autora: Érica Esmorís Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano. Editorial: Sushi Books Así nolo describe: “Presenta unhas personaxes femininas dinámicas, aventureiras e moi divertidas. É un libro moi actual e moderno (o wasap fai acto de presenza desde as primeiras […]

Espazo lector recomenda “Artur e Clementina”

Máis propostas de A TÚA LIBRERÍA RECOMENDA. Esta vez, da man de Erika de Espazo Lector-Nobel: “Artur e Clementina” de Adela Turin, ilustrado por Nella Bosnia. Colección “A favor das nenas”, KALANDRAKA “Queremos destacar, de entre os numerosos títulos da colección, o conto das tartarugas ‘Artur e Clementina’ por tratarse dun referente sobre a igualdade. Unha […]

Aviones de papel recomenda “Damned writers”

Bo e ☀️ sábado! Hoxe tócalle a Marina de Librería Aviones de papel en Pontevedra propoñernos unha lectura. “Recomendamos o libro ‘Damned writers’ (escritores/as malditos/as) do debuxante Ángel A. Svoboda que nos trae a Editorial Bululú. Nel podemos atopar as vidas de 25 escritores de culto coas súas luces e sombras, entre os que están mulleres de conto e […]

Cronopios recomenda “Os nenos da varíola”

Desta vez, a quenda é para Mercedes Corbillón da Librería Cronopios, que nos recomenda: “Os nenos da varíola”, de María Solar, editado por Galaxia “A historia está chea de episodios fascinantes, moitos deles case esquecidos ou non suficientemente coñecidos e as primeiras en ser olvidadas son sempre as mulleres. Unha muller de conto, Isabel Zendal, foi clave na […]

PATAKAFRITA recomenda “Bestiario doméstico”

Hoxe tócalle a Laura, de Patakafrita, recomendarnos unha lectura. Desta vez, a obra seleccionada é “Bestiario doméstico” con texto de Raquel Castro e imaxes de Dani Padrón, editado por Galaxia na colección Árbore. Así nolo presenta: “Trátase dun libro de contos protagonizado por bestas do noso ámbito rural e, ainda que é un narrador o que […]

Librería Paz recomenda “Persépole”

Cano Paz, como non podía ser doutro xeito, fainos unha recomendación de banda deseñada: “Persépole”, de Marjane Satrapi, en versión galega de Rinoceronte Editora. “Marjame Satrapi -ben pouco habitual lermos voces de mulleres na BD- conta a súa vida, desde nena, en Irán. O seu testemuño en primeira persoa fainos cuestionarnos a ollada de Occidente cara […]