Entradas por Santos

O Salón rematou. Longa vida ao Salón!

Pechamos as portas desta XIX edición con 24 días de traballo duro pero moi satisfactorio, máis de 150 actividades para as 30.000 persoas que nos agasallastes coa vosa presenza. Grazas ás crianzas, á mocidade, ás familias, ás escolas… a un público fiel que encheu de sorrisos e de vida este Salón. Grazas aos lectores e […]

Coñecemos a Ángeles Alvariño con Polo Correo do Vento

E rematamos o Salón por todo o alto, debuxando cos nosos amigos de Polo correo do vento! Xunto con Kike e Carlos, coñecimos a historia da grandísima oceanógrafa galega Ángeles Alvariño, que descubriu 22 especies de organismos mariños, e pasámolo pipa facendolle un retrato. Porque a ciencia tamén é cousa de mulleres!

“Puño, puñete, que tes por dentro?”

Imaxinades un Salón do Libro sen Baobab Teatro? Sen as súas cantigas e ditos populares (e tamén de colleita propia). Nós tampouco! Pasámolo de cine con Andrea e Davide e o seu espectáculo ‘Puño, puñete’. Ata a próxima!

Sempre actitude Frida

“Viva la vida”, escribía Frida Kahlo, a artista mexicana, nunha das súas obras. Esta última tarde do Salón, da man de Susana Suniaga, achegámonos ao universo de Frida nun obradoiro plástico no que ilustramos deitadxs, tal e como facía ela, algunha das súas frases optimistas e coloridas que a representan tan ben.

Mulleres de sal… e de conto

Que a gusto pasamos a mañá escoitando a Marta Ortiz! Tróuxonos contos viaxeiros, contos que percorren o mundo con protagonistas femeninas marabillosas, divertidas, aventureiras, sabias, astutas, meigas…

Supermulleres!

Hoxe fixemos con VAN Divulgación Cultural un percorrido polo mundo da banda deseñada e concluímos que hai ben poucas heroínas en comparación con heroes. Así que decidimos deseñar e crear o noso propio catálogo de Supermulleres, cun súper poderes moi molones!

Xandra a landra que quería voar

No medio da Serra do Courel, entre anduriñas e bubelas, coñecimos a dúas mulleres de conto; Mercedes Queixas Zas e Paula Pereira acompañadas de “Xandra a landra que quería voar” o seu álbum ilustrado editado por URCO. Nesta presentación-obradoiro plástico fixemos entre todxs un carballo grande grande como os que hai na historia de Xandra, […]