Entradas por Santos

Mans á obra!

Esta mañá, no Salón, deixamos voar a nosa imaxinación tanto nos obradoiros plásticos coma nos contacontos. Deixamos a nosa pegada artística coa ilustradora Amanda Mijangos, con Monique Zepeda aprendemos que aínda que sexamos moi diferentes, todos e todas viaxamos nun mesmo barco. O noso amigo Anxo Moure falounos das mulleres árbore e de Wangari Maathai, […]

“Navegar, navegar… e mar adiante!”

Esta tarde, na estrea de “Mar adiante” viaxamos á Illa dos paxaros da man de Odaiko Percussion Group e Fantoches Baj. Un espectáculo, baseado na obra Mar adiante de María Victoria Moreno, que mestura cantigas e música, danza e marionetas nunha singular travesía que recrea o conto de Crarisca e Luceiro. E ata subiu ao […]

Formación para ilustradoras e ilustradores

O Salón do Libro está orientado fundamentalmente ó público infantil e xuvenil, pero tamén hai un lugar principal para as actividades de formación para o público adulto. Entre as máis salientables, as ‘I Xornadas Profesionais de Ilustración’, punto de encontro entre figuras destacadas e novos valores de Galicia e o país convidado, México. En diálogo […]

Un anaco de Salón en cada recuncho de Pontevedra

Este ano o Salón chega a todos os recunchos da cidade. Pola mañá, ademáis dos contacontos e obradoiros no Pazo da Cultura, tivemos “Contos no Mercado” no espazo de O ganapán con Don Raúl e Rocío Kuri e en Librería Seijas con Monique Zepeda e o seu libro “En un mismo barco”. Bea Campos, Alondra […]

Para todo mal, mezcal!!

Na cea mexicana descubrimos a tremenda riqueza cultural e gastronómica de México, pero tamén aprendemos un dito tradicional que asegura que: “Para todo mal, mezcal; para todo bien, también y si no hay remedio litro y medio”. Este licor de cacto de alta gradación é o acompañamento ideal para o saboroso mole, unha potente mestura […]

Pasen e vexan

Tralo concerto, chegou un dos momentos máis agardados polas cativas e cativos, a apertura das portas da sala de exposicións, coa participación sempre estelar do lobo Órbil, auténtico emblema do Salón do Libro. Foi o preámbulo do espectáculo de contacontos por conta de Pavís Pavós e Raquel Queizás, na compaña das contadoras mexicanas convidadas Rocio […]

Hai Salón do Libro en Pontevedra!

O Auditorio do Pazo da Cultura acolleu dende as 18:00 horas desta tarde a inauguración da XIX edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. O acto de presentación previo ó concerto ‘Catrina e Dona Francisca’ contou coa participación de Susana Pliego, Consejera Cultural da Embajada de México en España; Miguel Anxo […]

Catrina e Dona Francisca

O alumnado dos centros de ensino San Clemente, Tirán, Vilaverde, Escarabote, Inmaculada, A Xunqueira 2, BATA e Barcelos gozou en primicia do concerto ‘Catrina e Dona Francisca’, a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. A cita para o público xeral, esta tarde na inauguración oficial do XIX Salón do Libro (18:00 horas, Auditorio do […]

Primeiras visitas!

O equipo de monitoras e monitores do Salón do Libro está engaiolado, quen o desengaiolará? Pois Órbil, claro, quen se non? Teñen unha importante misión: facer descubrir cada recuncho do Salón ós primeiros visitantes desta edición, o alumnado de 3º de primaria do CEIP Praza de Barcelos e de 1º e 2º do CPR La […]

Pintacuentos

O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolleu esta tarde-noite a inauguración oficial da exposición ‘Pintacuentos, ilustración mexicana contemporánea para a infancia’, unha mostra de 142 obras orixinais de 49 ilustradoras e ilustradores mexicanos, promovida pola Secretaría de Cultura e Agencia Mexicana de Cooperación Internacional para el Desarrollo (Amexcid). O acto contou coa asistencia de […]