Entradas por Santos

Terceira xornada da Escola de pais e nais

Hoxe as responsables de Espazo Lectura de Gondomar compartiron coa nosa Escola de Nais toda unha década de actividades familiares arredor do libro e a lectura: clubs de lectura, encontro con autores/as, acampadas literarias, noites na biblioteca e tantas outras cousas tan inspiradoras que nos deron ganas de traballar arreo desde XA. Moitas grazas polo […]

Segunda xornada da Escola de pais e nais

Hoxe na escola de pais e nais traballamos coa psicóloga Dori Martínez o afecto e o apego a partir do libro. Lecturas que nos unen, que emocionan, que axudan a entender e canalizar as emocións e a solucionar conflitos.

Dende Portugal a Pontevedra: ‘Caminhos de Leitura’

Hoxe, 25 de abril, viñeron visitar o Salón as nosas amigas Sonia e Anabel desde Pombal (Portugal) para falarnos dos seus “Caminhos de Leitura”, un encontro no que participará o Salón do 14 ao 16 de xuño. Que lindo é facermos amigos e amigas polo mundo adiante!

Apuntaste?

Da igual o momento, o lugar ou a compaña. Sempre hai tempo para gozar dun bo libro. E se é no Salón, mellor.

Primeira xornada da Escola de pais e nais

“Se queres que o teu fillo sexa intelixente, lelle contos. Se queres que sexa MÁIS intelixente, lelle MÁIS contos”. Con esta cita comezou Luz Gallego, de Librería Seijas, a primeira xornada da Escola de Pais e Nais do Salón. Falounos dos tipos de libros axeitados para cada idade, dos máis adecuados para certas situacións e […]

O Libro Xigante de ‘Mulleres de conto’ xa está no Salón

Que emoción! Xa está aquí! Víctor Rivas vén de lle entregar a Órbil o Libro Xigante de ‘Mulleres de conto’, que se une ós de ‘Canta bichería’ (2016) e ‘O Mundo que queremos’ (2017). Nesta terceira edición, temos un nivel altísimo de pequenas grandes historias ideadas polas crianzas e levadas ó papel por Víctor e […]

Cope Pontevedra, en directo dende o Salón

Hoxe COPE Pontevedra pasou a mañá no noso Salón para falar de todas as cousas molonas que tivemos ata agora e as que están por vir, como a ESCOLA DE PAIS, que bota a andar esta tarde e da que falou Luz Gallego da Librería Seijas ou o espectáculo de Baobab Teatro, ‘Puño Puñete’ para […]

Hoxe estreamos ‘A ovella Engracia’!

Día de ESTREA no Salón! Ás 18:30h no auditorio (e mañá mércores á mesma hora), poderedes gozar co espectáculo inédito e exclusivo ‘A ovella Engracia’ con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.Entradas 3€ dende unha hora antes. Esta mañá, coñeceron as peripecias desta ovella aventureira máis de 1000 nenxs […]