Entradas por Santos

Cinefórum no Principal: ‘Querido Tomás’

Esta mañá o Salón estivo presente tamén no Teatro Principal, co cine-fórum con Uxía Blanco e Fina Casalderrey a partir da curtametraxe “Querido Tomás”. O alumnado do IES Sánchez Cantón e o IES Luis Seoane puideron debater coas autoras-realizadoras-actrices da adaptación cinematográfica do novela de Xosé Neira Vilas: as súas dificultades, anécdotas, experiencias e, sobre […]

Cea literaria en torno a ‘Sapos e sereas’ de Ana Cabaleiro

Ana Cabaleiro desvelounos o seu proceso creativo, as súas inquedanzas como autora novel e os eixos temáticos de “Sapos e sereas”. Falamos de Libros. Tamén nos adiantou algunha cousiña dos proxectos que poderemos ler dela no futuro. Unha magnífica velada coa que celebramos en moi boa compañía o Día do Libro.

Entre autoras e cancións

Esta tarde o Coro de Grao Elemental CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra regalounos o concerto “Entre autoras e cancións”. Un repertorio de temas creados exclusivamente por mulleres de diferentes partes do mundo, como a cubana Teresita Fernández, ou a grandísima Rosalía de Castro, entre outras. Un pracer escoitarvos!

Como cambiou o conto!

No obradoiro con Alba Blanco inventamos finais alternativos para as personaxes femininas de sempre como Gretel ou a Raíña de Corazóns, redeseñámolas e creamos un súper álbum ilustrado colectivo!

Antonio M. Fraga faise co ‘I Premio María Victoria Moreno’

Antonio Manuel Fraga foi elexido gañador do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil pola obra “O bestiario científico”. O xurado estivo composto por Eli Ríos, en representación da familia de María Victoria Moreno; Andrea Martínez, alumna do IES Torrente Ballester; Carme Hermida, en representación do Concello de Pontevedra; Montse Pena Presas, experta en […]

Radio Escaparate, dende o Salón do Libro

Hoxe o equipo de Radio Escaparate da Universidade de Vigo achegouse ó Salón para gravar un programa especial, que tivo como convidada á concelleira de Cultura, Carme Fouces. O alumnado do Salvador Moreno e xs participantes no obradoiro de podcasting literario aprenderon de primeira man tódolos segredos dun programa de radio, dende o guión ata […]

Camiñadas con María Victoria Moreno

Xa falta pouco para o Día das Letras Galegas que, como sabedes, está adicado este ano a unha das máis ilustres pontevedresas de adopción, María Victoria Moreno. E que mellor maneira de nos achegar á súa vida e obra que percorrendo a cidade co roteiro “Camiñadas con María Victoria Moreno”, ideado por Fina Casalderrey e […]

Escola de pais e nais

Que libros son os máis indicados para cada idade, cales empregrar para solucionar medos e conflitos ou como transmitir valores a través deles, como gozar da lectura en familia… son algunhas das cuestións que trataremos esta semana na ‘Escola de pais e nais’ do Salón. Profesionais como a libreira Luz Gallego de Librería Seijas, a […]

Andrea Bayer achéganos historias ‘Por conta delas’

Andrea Bayer é sempre benvida na nosa casa, pero se é para achegar contos de mulleres, aínda máis. Avoas, nais, meigas, bruxas e menciñeiras, foron as protagonistas desta tarde na que tamén escoitamos historias e desexos dxs máis pequenxs e unimos as nosas forzas para cumprilos.