Entradas por Santos

Kraken Academia amósanos como dar vida aos contos

Imaxinas darlles vida e movemento aos teus contos?! Iso fixemos esta mañá no obradoiro ‘Animando contos’ de Kraken Academia Stop-motion e a boa nova é, que esta tarde repetimos! Comezamos ás 17:30 e todavía quedan prazas vacantes. Achégate ao Salón e goza desta e moitas outras actividades!

Hoxe almorzamos… ‘Pan con chocolate’ con Saleta Fernández

Infinita era a imaxinación de María Victoria Moreno, que nos agasallou historias como ‘Pan con chocolate’. Tan apetecible como soa foi o espectáculo de Saleta Fernández, que fixo un percorrido por moitas delas. Que mellor plan que gozar dunha mañá chea de contos en familia no Salón?

Maxia parece… ciencia é!

Hoxe cun pouco de axuda da tecnoloxía fixemos maxia! No obradoiro de esta mañá con Ceo Aberto construimos entre todxs un conto luminoso que podemos ler na noite sen prender a luz. Unha pasada!

‘O camiño dos paxaros’

Magín Blanco lembrounos que, por escuro que sexa o outono, por frío que sexa o inverno, sempre acaba por chegar a primavera para tinguilo todo de nova vida e de esperanza. Se aínda non erades fans do libro-CD “O camiño dos paxaros”, dende hoxe seguro que non para de soar en bucle nas vosas cabezas

Todas as mulleres dos contos

Os contos están feitos para ser contados, e Soledad Felloza sábeo ben. Co seu engado particular, transportounos a un tempo no que as historias á calor da lareira alimentaban os soños e reconfortaban o espírito. É tan valioso o tesouro da memoria de nosas nais e nosas avoas!

Punto final ao CIML

Rematamos o I Congreso Internacional de Mediación Lectora con moitos azos, moitas ideas e moita ilusión para traballarmos en como achegarlles o libro e a lectura ás crianzas e á mocidade. Con Beatriz Campos e Soledad Felloza aprendemos recursos e técnicas de narración oral, con Elvira Ribeiro traballamos a expresión poética en relación con contidos […]

‘Pintamúsica’: unha viaxe sensorial polas estacións

A primeira función de ‘Pintamúsica’, de Viu el Teatre, foi taaaaan bonita… Xa está aberta a billeteira da Sala de Obradoiros para o pase das 17:00 horas. E, se non chegades a tempo, aínda teredes unha terceira oportunidade ás 18:30. Lembrade que as prazas son limitadas: 40 bebés + 1 acompañante por bebé.

Festa rachada con ‘Picadiscos’

Maria Faltri tróuxonos a versión 2.0 (correxida e mellorada) dos clásicos “guateques”. No seu espectáculo ‘Picadiscos’, cantamos, bailamos e mesmo nos disfrazamos ó ritmo da mellor música infantil en galego. Marcha!

Bo proveito!

Non esquezades que esta é a última fin de semana de actividades no Recinto Feiral! Aínda non pasastes pola nosa cantina mexicana? Pois xa vedes que Órbil é megafán dos nachos da food-truck de El Mono con Sombrero. Vinde probalos!

Rabudas, divertidas e moito máis

Somos rabudas, somos divertidas, somos todo o que queiramos ser. E se nalgún momento se nos esquece, temos os obradoiros de Nova Xestion para lembrárnolo. Aínda non xogastes a ser parte da tripulación da pirata pontevedresa Isabel Barreto? Non tendes as vosas lentes lilas ou as vosas chapas personalizadas? Non pasa nada! Temos outra quenda a partir […]