Entradas por Santos

A inclusión nos contos

No marco do “I Congreso de Mediación Lectora”, Ángeles Parrilla amosounos o seu traballo de análise do grao de inclusión nos contos. Analizou a través de diversas historias tradicionais os prexuízos, valores ocultos e discriminacions de todo tipo que subxacen en contos suposta e aparentemente inocuos.

Mulleres de conto portuguesas

Esta mañá, no Congreso de Mediación Lectora do Salón, o autor, editor e mediador João Ribeiro fíxonos unha panorámica por catro xeracións de mulleres de conto portuguesas, as autoras, das pioneiras ás novísimas, de Maria Keil a Isabel Minhós, un amplísimo percurso pola nosa LIX veciña que, sen embargo, segue a ser moi descoñecida para […]

A muller que durmía pouco e soñaba moito

Que María Victoria Moreno é a nosa muller de conto favorita non é ningún segredo. No Salón presentamos unha biografía dela escrita nin máis nin menos que por Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre, “María Victoria Moreno, a muller que durmía pouco e soñaba moito”. Foi unha velada chea de lembranzas e afectos pola xenial autora, […]

Mesa redonda: mulleres de conto

Hoxe tivemos no Congreso de Mediación Lectora unha mesa debate con magníficas mulleres de conto. Un luxo contar coa autora Marilar Aleixandre, a editora Anaír Rodríguez, a ilustradora Mafalda Milhões, a tradutora Ana Luna Alonso e a libreira Luz Gallego a contar as súas experiencias no mundo do libro con gafas violetas. Achegaron desde distintas […]

Segunda xornada de obradoiros no Congreso de Mediación Lectora

Nova tarde de obradoiros no I Congreso Internacional de Mediación Lectora do Salón no que xs asistentes gozaron do saber e bo facer de ilustradoras, autoras e mediadoras galegas pero tamén chegadas de Portugal como Mafalda Milhões e o seu taller de ilustración a partir do álbum ‘Maruxa’ ou Dora Batalim Sottomayor, que amosou técnicas […]

Encontro con Anémona de Río, autora do primeiro manga galego

Evangelion Ranma ou Naruto foron algúns dos referentes de Anémona de Río. Grazas a ela, temos un novo título de referencia, “Tam”, o primeiro manga en galego. Kiko da Silva foi o maestro de cerimonias no encontro coa autora, que desvelou detalles do proceso creativo e tamén da súa traxectoria persoal ata convertirse xa, por […]

Bookstagrammers!

Despois do obradoiro desta tarde xa estamos preparados para ter unha canle de “Bookstagramer!” como é debido, cunhas fotos chulísimas! Hoxe, con Andrea Area, retratamos libros e aprendimos nocións básicas de composición, luz, enfoque… para mellorar as fotos das nosas redes sociais e ter unha canle xenial para compartir as nosas lecturas favoritas!

O contacontos como ferramenta didáctica da LIX de xénero

A segunda xornada do “I Congreso de Mediación Lectora” comezou coa presentación do ‘Proxecto Europa Creativa. “Gender Identity: Child Readers and Library Collections. O contacontos como ferramenta didáctica da LIX de xénero”’. Con Veljka Kenfel e Lali Agrelo reflexionamos acerca de temas de actualidade coma a identidade de xénero, a violencia machista ou os novos […]

O secuestro da bibliotecaria

Hoxe, ás 19:00, planazo: “O secuestro da Bibliotecaria”, de Sarabela Teatro. Vinde rir coas peripecias dun singular grupo de bandidos que decide secuestrar á bibliotecaria da vila de Parangón. Queredes referencias? Pois esta mañá tivemos dous pases co alumnado dos centros San José, Marcos da Portela, Froebel, Xunqueira 2, Álvarez Limeses, CEE Príncipe Felipe, CEE […]