Antonio M. Fraga faise co ‘I Premio María Victoria Moreno’

Antonio Manuel Fraga foi elexido gañador do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil pola obra “O bestiario científico”.

O xurado estivo composto por Eli Ríos, en representación da familia de María Victoria Moreno; Andrea Martínez, alumna do IES Torrente Ballester; Carme Hermida, en representación do Concello de Pontevedra; Montse Pena Presas, experta en LIX; Andrea Jamardo Seijo, en representación de Urco Editora e David Cortizo Conde, de Urco Editora, que actuou como secretario sen voz e sen voto.

Asemade, o xurado considera finalistas e recomenda a súa publicación as obras presentadas cos seguintes lemas: Be Water e Irmá Paxaro.

Parabéns ó gañador e finalistas!