Cea literaria en torno a ‘Sapos e sereas’ de Ana Cabaleiro

Ana Cabaleiro desvelounos o seu proceso creativo, as súas inquedanzas como autora novel e os eixos temáticos de “Sapos e sereas”. Falamos de Libros. Tamén nos adiantou algunha cousiña dos proxectos que poderemos ler dela no futuro. Unha magnífica velada coa que celebramos en moi boa compañía o Día do Libro.