Cinefórum no Principal: ‘Querido Tomás’

Esta mañá o Salón estivo presente tamén no Teatro Principal, co cine-fórum con Uxía Blanco e Fina Casalderrey a partir da curtametraxe “Querido Tomás”. O alumnado do IES Sánchez Cantón e o IES Luis Seoane puideron debater coas autoras-realizadoras-actrices da adaptación cinematográfica do novela de Xosé Neira Vilas: as súas dificultades, anécdotas, experiencias e, sobre todo, satisfaccións polo traballo ben feito. Cando a literatura e o cinema se xuntan, posen saír propostas ben interesantes! Seguiremos axexando esa vía de conexión dentro do cine galego…