Cope Pontevedra, en directo dende o Salón

Hoxe COPE Pontevedra pasou a mañá no noso Salón para falar de todas as cousas molonas que tivemos ata agora e as que están por vir, como a ESCOLA DE PAIS, que bota a andar esta tarde e da que falou Luz Gallego da Librería Seijas ou o espectáculo de Baobab Teatro, ‘Puño Puñete’ para nenxs de 1 a 7 anos o domingo 29 ás 12h, 17h e 18:30h que nos presentou Andrea Bayer.

Silvia Vieito falou sobre o Salón con Carme Fouces, da ambientación María Paz de Paspallás e con dúas pequenas un pouco tímidas do CRA de Oroso que viñeron gozar do Salón. Tamén estiveron as ovellas Branca (Lucía Aldao) e Engracia (María Lado) da estrea de hoxe e Fina Casalderrey e Uxía Blanco que comentaron a experiencia da proxección de ‘Querido Tomás’ e o debate coa rapazada dos IES, que tivo lugar esta mañá no Principal