Encontro con Anémona de Río, autora do primeiro manga galego

Evangelion Ranma ou Naruto foron algúns dos referentes de Anémona de Río. Grazas a ela, temos un novo título de referencia, “Tam”, o primeiro manga en galego. Kiko da Silva foi o maestro de cerimonias no encontro coa autora, que desvelou detalles do proceso creativo e tamén da súa traxectoria persoal ata convertirse xa, por dereito propio, nunha auténtica pioneira. Seguídelle a pista, que isto só é o comezo!