Escola de pais e nais

Que libros son os máis indicados para cada idade, cales empregrar para solucionar medos e conflitos ou como transmitir valores a través deles, como gozar da lectura en familia… son algunhas das cuestións que trataremos esta semana na ‘Escola de pais e nais’ do Salón. Profesionais como a libreira Luz Gallego de Librería Seijas, a psicóloga Do Martínez e os amigos do Espazo Lectura de Gondomar achegarán toda a súa experiencia ao longo de catro sesións (24, 25, 26 e 27 de abril ás 17:30) para as que é preciso inscrición en salondolibro@pontevedra.gal
Aínda temos algunhas vacantes e, para facer máis cómoda a vosa asistencia, dispoñemos de servizo de ludoteca para as vosas crianzas, previa solicitude a través do enderezo electrónico sinalado. Vide aprender a gozar da lectura en familia!