Hoxe estreamos ‘A ovella Engracia’!

Día de ESTREA no Salón! Ás 18:30h no auditorio (e mañá mércores á mesma hora), poderedes gozar co espectáculo inédito e exclusivo ‘A ovella Engracia’ con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.Entradas 3€ dende unha hora antes.

Esta mañá, coñeceron as peripecias desta ovella aventureira máis de 1000 nenxs dos CEIP de Marcón, San Benito, Xunqueira 1 Ponte Sampaio, Tenorio, Carballeira, Ardán, Castrelo, Flavia, Escarabote, San Clemente, Colexio San José, a Inmaculada e o Pilar Maestú, as EEI de Verducido e o Vao, o CRA de Oroso, os CPI Curros Enríquez e Julia Becerra Malvar e as asociacións Bata – Bayon Asociacion Tratamiento de Autismo e Amencer-Aspace. Como nos gusta ver o auditorio cheo e aos máis peques pasándoo ben!