Mulleres de conto portuguesas

Esta mañá, no Congreso de Mediación Lectora do Salón, o autor, editor e mediador João Ribeiro fíxonos unha panorámica por catro xeracións de mulleres de conto portuguesas, as autoras, das pioneiras ás novísimas, de Maria Keil a Isabel Minhós, un amplísimo percurso pola nosa LIX veciña que, sen embargo, segue a ser moi descoñecida para nós.