O contacontos como ferramenta didáctica da LIX de xénero

A segunda xornada do “I Congreso de Mediación Lectora” comezou coa presentación do ‘Proxecto Europa Creativa. “Gender Identity: Child Readers and Library Collections. O contacontos como ferramenta didáctica da LIX de xénero”’. Con Veljka Kenfel e Lali Agrelo reflexionamos acerca de temas de actualidade coma a identidade de xénero, a violencia machista ou os novos tipos de familia; así coma do papel da literatura como ferramenta para a crítica e a actualización dos valores tradicionais.