O Libro Xigante de ‘Mulleres de conto’ xa está no Salón

Que emoción! Xa está aquí! Víctor Rivas vén de lle entregar a Órbil o Libro Xigante de ‘Mulleres de conto’, que se une ós de ‘Canta bichería’ (2016) e ‘O Mundo que queremos’ (2017). Nesta terceira edición, temos un nivel altísimo de pequenas grandes historias ideadas polas crianzas e levadas ó papel por Víctor e o seu equipazo de ilustradoras e ilustradores. Agora o conto é atopar unha estantería que se lle axeite…