Radio Escaparate, dende o Salón do Libro

Hoxe o equipo de Radio Escaparate da Universidade de Vigo achegouse ó Salón para gravar un programa especial, que tivo como convidada á concelleira de Cultura, Carme Fouces. O alumnado do Salvador Moreno e xs participantes no obradoiro de podcasting literario aprenderon de primeira man tódolos segredos dun programa de radio, dende o guión ata a montaxe. Porque a radio nunca pasa de moda!