Terceira xornada da Escola de pais e nais

Hoxe as responsables de Espazo Lectura de Gondomar compartiron coa nosa Escola de Nais toda unha década de actividades familiares arredor do libro e a lectura: clubs de lectura, encontro con autores/as, acampadas literarias, noites na biblioteca e tantas outras cousas tan inspiradoras que nos deron ganas de traballar arreo desde XA. Moitas grazas polo voso entusiasmo e o voso bo facer!