Damos vida ás nosas creacións con Kraken

Chea de creatividade e aprendizaxe pasamos a tarde no obradoiro impartido por Kraken Academia Stop-motion facendo bonecos de conto aos que lle demos móvemento!

Agora xa sabemos quen lle fixo “aquilo” á toupiña na cabeza

Esta mañá, coas amigas Daboapipa, o Salón encheuse de música, contos fantásticos, animais e seres marabillosos coma chivos, pombas, ogros, dragóns e cabalos azuis!
E sabedes o mellor? Que pola tarde, máis! As 18:30 volverán con máis historias, no contacontos “O pozo das señoras”. Para non perder!

Unha mañá de conto con Abi Castillo e Martina Dadá e Daboapipa

Aínda nos quedan dúas quendas do obradoiro de Abi Castillo e Martina Dadá (12:15 e 13:00 horas). Coñeceremos a tres fantásticas ‘Mulleres de conto’ e completaremos unha proposta plástica para crearmos unha fermosa obra en conxunto.

E, ademais, Daboapipa xa están preparadas para levarnos de viaxe por paisaxes de soño cheas de personaxes marabillosos coma ogros torpes ou dragóns atroces. Non faltedes ás 12:30 ó contacontos musical ‘Contos de animalario’!

Xa somos expertxs Bookstagrammers grazas a Andrea Area

Hoxe, no Salón, puxémos en práctica todos as nocións de fotografía que nos ensinou Andrea Area Estudio Creativo na última sesión de Bookstagramers!. Imos subir unhas fotos chulísimas ás nosas redes sociais.

Cecilia, Gonzalo, Sofía, Alicia, Uxía e Irene xa son case profesionais da fotografía despois do curso de Bookstagrammers impartido por Andrea Area. Mandáronnos estas instantáneas do seu traballo, probas e algún filtro da súa propia creación! Nivel!

Cuarta e última xornada da Escola de pais e nais

Hoxe finalizamos a escola de nais no Salón. Con Dori Martínez analizamos os roles de xénero no fogar e como podemos, a partir dos libros, construír desde o fogar, unha sociedade máis xusta e igualitaria. Foi unha semana ben interesante, chea de ideas, propostas e recomendacións para traballarmos a lectura na casa. Ata o ano próximo!

Uns contacontos moi especiais

Abracadabra plas plas! Esta tarde no contacontos coñecimos unha maga, un crocodilo, un elefante e moito máis da man do Alumnado de Educación Infantil e Primaria da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense!

De Camariñas a Pontevedra: a lectura únenos!

Hoxe viñeron visitar Pontevedra os clubs de Lectura “Arao” do IES Pedra da Aguia de Camariñas. Coñeceron a cidade co roteiro María Victoria Moreno con Roberto Rivas e tiveron un encontro literario con Eva Mejuto a partir de “22 segundos”. Explicáronnos que os araos, dos que tomaron o seu nome, son paxaros en perigo de extinción e que nos clubs traballan para que os lectores e lectoras non se extingan nunca! Que así sexa!

María Victoria Moreno xa ten avenida en Pontevedra

A nosa muller de conto favorita, María Victoria Moreno, xa ten unha avenida de seu! Que gusto dá andar por esta rúa e ler as inspiradoras frases da autora homenaxeada nestas Letras Galegas!

Hoxe, ás 18:30: ‘Rosa Caramelo’

“Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

Da man de Talía Teatro, desmontaremos unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

Non quedes sen a túa entrada! (Á venda dende unha hora antes na billeteira do Auditorio)

Esta mañá gozou do espectáculo o alumnado dos centros CEE Pontevedra, Marcos da Portela, Castrelo, Tenorio, Vilaverde, Xunqueira 1, Calasancio, Froebel, Carlos Casares, Pérez Viondi, Flavia, Inmaculada, Armenteira, Sagrado Corazón de Carballiño.

+ INFO

Presentación de ‘Os berros da motocicleta’

“O que lle sucedeu a Josefina Arruti, de tan duro, é case incrible. Tivemos que restarlle dramatismo”. A obra ‘Os berros da motocicleta’, presentada hoxe no Salón por Luis Bará, Carme Fouces e os seus autores, será editada en outono polo Concello de Pontevédrate e o O Garaxe Hermético – Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración. Pretende ser a primeira da colección ‘A memoria das mulleres’ e achegar ao público máis novo as historias de mulleres represaliadas, nunha linguaxe máis próxima a elxs. Esta iniciativa dálle continuidade ao proxecto de Patrimonio Histórico que botou a andar hai 4 anos, e conta con Kiko da Silva como guionista, Pablo Prado como ilustrador e Montse Fajardo como asesora. Polo momento, podedes gozar das 6 primeiras páxinas deste formato preview.