Gabriel Pacheco

México DF, 1973

Graduado en Escenografía pola Escola Nacional de Teatro do Instituto Nacional de Belas Artes e Literatura.

Desde 1997 dedícase á ilustración de libros para público infantil e xuvenil. Recibiu o premio do X Concurso Internacional de Ilustración Cittá de Chioggia (Venecia) en 2004, e o Premio Internacional de Libro Ilustrado de México en 2000 e 2002. Traballou para outras editoriais como Alfaguara, Santillana,  SM, Kalandraka ou OQO editora. Actualmente vive en Italia, docente de ilustración en Sàrmede.

www.gabrielpacheco00.com/