Valeria Gallo

Valeria Gallo estudou a carreira de Deseño no Instituto nacional de Belas Artes de México. Formou parte da parte infantil do Canal Once, como ilustradora e animadora.
Desde o 2002 dedicouse de cheo á ilustración de libros infantís. As súas ilustracións aparecen en máis de 40 libros de distintas editoriais en México, España e Brasil, tales como Fondo de Cultura Económica, Editorial Castillo, Edelvives, Editorial Norma, Santillana, Planeta, CIDCLI, Anaya, Porrúa, Edelbra, Editora WMF, Editorial La Guarida, Ficticia e Edicións SM. Foi merecedora de varios recoñecementos nacionais e internacionais polo seu traballo como animadora e ilustradora.
O 26 de outubro de 2014 iniciou o movemento artístico Ilustradores con Ayotzinapa, acción que orixinou a creación de máis de 400 retratos gráficos dos 43 estudantes normalistas da Normal Rural Raúl Isidro Burgos, e que tivo gran impacto nacional e internacional. Actualmente finaliza unha Mestría en Deseño e Comunicación Visual na Facultade de Arte e Deseño da UNAM. É bolseira do Sistema Nacional de Creadores de Arte.