México, país convidado
México é o país invitado para a edición de 2018 e temos unha variada mostra da literatura infantil e xuvenil do país, pero tamén unha selecta representación do mundo da escrita, a ilustración, a edición e a promoción da lectura mexicana.
Podes ver aquí a delegación convidada que participará nesta edición de “Mulleres de conto”
A colaboración entre México e Pontevedra vai ser un camiño de ida e volta, na que buscamos tamén promover no país mexicano a nosa literatura infantil e xuvenil. Nesa liña, o Salón estará irmanado coa FILIJ de Cidade de México, o evento de literatura infantil máis importante do país americano. Moitas son as actividades que programaremos dunha e doutra beira do Atlántico, de intercambio e coñecemento mutuo. Esperamos que esta edición sirva para crear pontes de palabras que nos acheguen a ambos os países, unidos por un mesmo amor á lectura.
