LECTURAS COMPARTIDAS: Crear e dinamizar clubs de lectura na aula (10 h.)

Pretende ofrecer unha axuda ao profesorado que quere iniciarse, ou perfeccionar, a creación e desenvolvemento dun club de lectura nos centros de ESO e Bacharelato. Baseándose en experiencias sólidas e exitosas de xestión de clubs, cinco profesionais do ensino e da xestión de bibliotecas escolares ofrecerán distintas perspectivas, técnicas, loxísticas, de contido e recursos sobre a posta en marcha dun club de lectura. O curso será impartido en cinco sesións de dúas horas cada unha, de 18,00 a 20,00 horas do 6 ao 10 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Impartirán as sesións: Cristina Novoa (responsable da Asesoría das Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia), Gracia Sactorum (Trafegando Ronseis), Concha Costas (Comando Le, en Gondomar), Julio César Abalde (Club do IES Ribeira do Louro) e Anxos Rial (Clubs de Lectura do Sánchez Cantón)

O código do curso no CAFI é o P1702028