A participación dos centros de ensino foi, é e será un eixo fundamental na celebración do Salón. Queremos traballar man a man con vós e saber, en todo momento, as vosas necesidades e a vosa opinión ao respecto da programación, funcionamento… Achégase a XIX edición e queremos lembrarvos datas importantes para solicitardes participar nas distintas modalidades que temos previstas:

CALENDARIO  DE PRAZOS:

  1. Datos básicos de inscrición antes do 21 de decembro: datos do centro, curso, número de alumnos/as por clase participante e datas nas que non poderiades asistir.
  2. Datos completos de inscrición antes do 18 de xaneiro: Engadir á mesma folla de inscrición inicial datos sobre o formato do traballo, título descritivo do mesmo e bibliografía empregada. No caso de que sinaledes algunha modificación no grupo de nenos/as que ían participar inicialmente deberedes facelo neste momento e contactar telefónicamente para asegurarse de que temos en conta a mesma.
  3. Data límite para entregar os traballos 15 de marzo.

*CONTACTO E CONSULTAS: 609688795 / comunicación@pazodacultura.org