CÁTIA VIDINHAS

Portugal, 1989. Tras varios años debuxando e pintando nos cadernos que lle regalaba a avoa, descubriu que a ilustración era o seu destino. Así que se licenciou en Deseño Gráfico no Instituto Politécnico do Cávado e do Ave e estudou un posgraduado en Deseño de Imaxe na Facultade das Belas Artes do Porto, cidade na que traballa actualmente como deseñadora e ilustradora. Tras terminar os seus estudos colaborou con algunhas axencias de deseño e publicidade e as súas obras exhíbense en diferentes exposicións, tanto individuais como colectivas. Algúns dos seus álbums ilustrados publicados son Os cavalos de Santiago (2012) e Nadav (2012).