MARGARIDA BOTELHO (PORTUGAL)

Licenciada en Arquitectura e Máster en Deseño e Ilustración Secuencial, desde o 2005 publica libros para a infancia no que constrúe as palabras e as imaxes das casas / libros. Margarida cre no compromiso entre arte, educación e mundo social, polo que desenvolve experiencias educativas con varias comunidades en diversos contextos; crea e realiza proxectos artísticos-educativos en bibliotecas, escolas, centros culturais e sociais, museos, prazas públicas…  Desde 2009, traballou en colaboración con varias institucións e ONG en proxectos de intervención comunitaria a través da arte; en Mozambique, Brasil, India, Timor-Leste e Cabo Verde. Dende estas experiencias desenvolveu con Mário Rainha Campos o proxecto ENCONTROS ea colección de libros POKA POKANI. En 2015 foi unha das candidatas ao premio ALMA – Astrid Lindgren Memorial Award, como promotora de lectura co seu proxecto ENCONTROS.

Máis info en: http://www.margaridabotelho.com