VI Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno
Rematado o prazo de recepción de orixinais, recibimos un total de 28 obras.
Agora o xurado, formado pola libreira Luz Gallego “Nenuca”, a escritora Andrea Barreira Freije e a editora de Cuarto de Inverno Andrea Jamardo Seijo, está a ler e valorar os orixinais recibidos e a persoa gañadora saberase durante o Culturgal. Toca agardar un cachiño!
E se non o fixestes, é boa hora de lerdes: Nom estamos quebrades, a obra gañadora da V edición, escrita por Nee Barros (na foto). Seguimos informando!