As nubes desde o Salón, Monitorado do Salón do LIbro de Pontevedra

Estes días entraba o soliño 🌞pola fiestra de casa 🏠pero hoxe… apareceron as nubes 🌧 e a chuvia. Aínda que a todas e todos nos gusta máis a luz do sol…as nubes tamén son boas e necesaria. E tamén divertidas! Como que non? Pois vede o que prepararou a nosa súper equipa de Monitorado do Salón Virtual.

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Haikus, por Cristina Corral

Hai xusto dez días que celebrabamos no Salón Virtual o Día da Poesía. Pero para nós todos os días merecen seres celebrados cun poema, cun verso…ou cun Haiku. Sabedes o que son os Haikus? Pois poemas breves, de orixe xaponesa, con tan só tres versos: de cinco, sete e cinco sílabas. Pro a nosa a amiga poeta Cristina Corral Soilán explícao moito mellor e ademais proponnos un reto… Animádesvos, poetas?

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

U-la Lúa, por Celtia Figueiras, A Xanela do maxín

Queredes un conto de gatos?🐱🐱 A que si? Pois vai esta historia monicrequeira que nos achega Celtia Figueiras: Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar…

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Risadas Deseñadas, por Van Divulgación

@s nos@s amig@s e colaborador@s habituais de VAN Divulgación Cultural quedaron sen facer o seu obradoiro familiar para o Salón, así que nos gravaron un vídeo moi chulo sobre a linguaxe da BD para o Salón Virtual. Gústanvos as historietas? Animádesvos a facer unha? Pois dádelle duro!
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Humor en 3D, por Eva Agra, de 7H cooperativa Cultural

Sabedes o que son os libros pop-up? A que molan unha chea? Pois que sorte temos no Salón Virtual, que Eva Agra nos amosa como facer un! Libros en 3D en papel pero con tecnoloxía dixital (de facer dos dedos claro ) Mirade que monstro tan monstruoso e tan simpático! Veñá, bulide!
7H Cooperativa Cultural
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Sabedes o que son os libros pop-up? A que molan unha chea? Pois que sorte temos no Salón Virtual, que Eva Agra nos amosa como facer un! Libros en 3D en papel…

A ilusión de ler, por Magia en la manga

Este ano no Salón tiñamos preparada unha sorpresa moi especial, por primeira vez na historia do Salón un espectáculo de maxia literaria cos nosos amigos de Magia en la Manga. Non puidemos velos en vivo e en directo e agardamos que nos acompañen na edición XXII do Salón, pero desde as súas casas tamén nos animan a corentena cuns trucos de maxia incribles! Que pasedes un domingo ben máxico, familias!

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Rokeando na casa, con Pakolas

Levamos xa un tempiño cumprido pechad@s na casa e xa apetece desafogar un chisco, non si? Pois para iso, nada mellor que unha boa sesión de Rock caseiro. E con quen mellor que co noso amigo Paco Cerdeira Pakolas? Ou ieaa, rapazada! A gozar a tope, chimpar, choutar e bailar… vaia planazo de sábado, Rock con Pakolas e todas as súas cancións de animais con cola (ou sen ela ;-p!)

Cucú, por María Faltri e Jorge Juncal

Hoxe imos ter un día moi especial e empezamos cun espectáculo musical para @s máis peques da casa (en realidade para peques de calquera idade!). Da casa de Maria Faltri e Jorge Juncal directo ás vosas casas, de salón a Salón… Xa podedes gozar de “Cucú” en edición especial “Quedamos na casa! Un espectáculo musical e visual para ver, escoitar, cantar, xogar, arrolar…

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Fatal, falta Tafall! por Fantoches Baj

Hoxe celebramos o Día do Teatro, cun chisco de pena por termos todos os teatros pechados. Nestes días, o humor e o teatro son máis necesarios ca nunca, e desde o Salón Virtual escollemos “Fatal, falata Tafall” para a programación de hoxe para recoñecer o labor de todas as persoas que dedicaron a súa vida a facernos rir desde os escenarios. Con esta obra, creada á mantenta para o Salón, os nosos queridos Fantoches Baj recrean a vida de José Fernandez Tafall, tunante, ferrioviario, xornalista, ciclista, humorista… un pontevedrés xenial e inxustamente esquecido. Non a perdades!

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa #DíadoTeatro Urdime

 

Conto motor, Monitorado do Salón

Xa que vos gustou tanto o Coronaconto, o noso equipo de monitorado seguiu dándolle ao maxín, creando historias para vós, para gozardes en familia destes días de corentena. Cun conto e a nosa imaxinación, a casa vólvese un espazo infinito, un mundo enteiro cheo de posibilidades…
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa #narraciónoral #narraciónoralgalega