HELENA VILLAR JANEIRO NO DÍA DA POESÍA

Hoxe damos a benvida ao Día da Poesía coas magníficas palabras e necesarias recomendacións de Helena Villar Janeiro, poeta e autora homenaxeada na XXI edición do Salón. Para todas as crianzas, cada día, un anaco de pan e un chisco de poesía.

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa #PoesíaNaCasa #DíaDaPoesía

PINOCHO O MONICREQUE, POR REVIRAVOLTA

COSIMO, O ESQUÍO RAMPANTE. POLO CORREO DO VENTO

Hoxe celebramos o Día da Narración Oral, en homenaxe a todas e todos os contacontos que nos fan a vida moito máis feliz achegándonos mil e unha historias para gozarmos da maxia da voz. Grazas sempre, pero nestes días de peche, moito máis! Necesitámosvos máis ca nunca! Desde o Salón Virtual ímolo celebrar de man dos nosos amigos de Polo Correo do Vento, Kike Mauricio e Carlos Taboada, que ademais veén coa magnífica compañía de Tania Solla, aos lápices, e Antón Ke, coa parte musical. Unha homenaxe a Italo Calvino a catro mans! Que luxo!

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

PIZZA MARGARITA EN FORMA DE CORAZÓN

Que vos parece se para cear, este día festivo, facemos nós a cea? E se, de paso, dicímoslle a papá (ou a calquera membro da familia, ou a nós mesm@s) canto amor temos para dar… cunha pizza🍕 en forma de corazón❤️? Animádesvos? Veña, que é unha receita moi sinxela, moi saborosa e saudable! Podemos adaptala aos nosos gustos, ou se temos intolerancia ou alerxia a algún dos ingredientes, podemos adaptala. Pizza🍕 Margarita 🌼per tutti! Grazas Lorena, de Reviravolta, por partillar esta receita con nós! Ao choio e coas mans na masa! (nunca mellor dito!)
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

COCIÑANDO CON HUMOR

Cociñar pode ser unha tarefa ben divertida. Vós cociñades algo na vosa casa? Se vos presta, contádenos as vosas receitas favoritas e así podemos compartilas nas redes, vale? E para facer de comer, como para todo nesta vida, tamén fai falla ter bo humor. Por iso o noso monitorado argallou, desde casa (que remedio!…), esta divertidísima receita que ademais de saborosa é moi saudable. Hai que ter coidado estes días que igual facemos máis escursións á neveira das que necesitamos… que non se trata de saírmos da corentena rodando como balóns ⚽️🏀🏐🥎🎱. Vitaminas divertidas para todos e todas!

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Orbil Bailador

O misterio do papel (hixiénico!)

Estes días de peche na casa imos precisar moita paciencia, moita creatividade pero sobre todo… MOITO HUMOR! Nos poucos días que estivo aberto o Salón, percibimos que a sala que máis vos gustou de toda a nosa ambientación foi… CACA-CU-PEIDO-PIS… a que si? Para @s que a puidestes ver, velaquí unhas imaxes, e para quen non tivo oportunidade de ir… Obil amósavos o que alí había… Moitos e moitas preguntabades para onde ía todo ese papel hixíénico que mercaba a xente… velaquí a resposta! Pero ssssssss… non llo digades a ninguén!!

 

CORONA-CONTO

O noso monitorado non para de (tele)traballar para este Salón Virtual que inauguramos hoxe e que sen dúbida vai ser unha magnífica compañía nestes tempos de quedar na casa. A ver que vos parece esta histora… A que mola? Queredes probar e facerdes vós mesm@s os elementos para contardes este conto na casa? É súper sinxelo… Animádevos! Se queredes compartir con nós o resultado do voso conto ou de calquera outro que inventedes, mandádeo a: salondolibro@pontevedra.gal e o así poderémolo subir ao noso web e ás redes sociais: Facebook e Instagram, para que o vexa todo o mundo. Que pasedes moi boa tarde, compis!

 

Bota a andar o Salón Virtual!

Bota a andar o Salón Virtual! Logo que pensabades, que vos iamos deixar coas ganas de gozardes do Salón? Nonnnnnnnnn! Despois do disgusto que levamos estivemos dándolle voltas ao maxín e temos argalladas unha chea de cousiñas para vós todo este mes. Estade atent@s, teremos actividades de mañá e de tarde todos os días! Poderedes ver algunhas das propostas que estaban programadas e moitas outras novas, creadas á mantenta para levarmos, da mellor maneira, estes días de peche. Como non podía ser doutro xeito, empezamos por un percorrido virtual polos traballos dos nosos queridos coles colaboradores, que tanto traballo pasaron e tan ben o fixeron. Mirade que cousas tan chulérrimas! Vaia artistas! Recoñecedes o voso? Queredes explicarnos que fixestes? Estamos desexando que nos contedes!
Fotos de Andrea Area
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa