ousas de libros, polo Monitorado do Salón Virtual

Seguimos celebrando o día do Libro! Que xa pasou? Tanto nos ten, para nós os libros son unha festa cada día, e se non que llo digan á nosa equipa de monitores e monitoras, mirade que cousas fan con libros na casa . Se vos presta, mandádenos fotos do que vós facedes cos libros na casa (tamén vale ler!).

#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Fiestras ao mundo, polo Monitorado do Salón Virtual

Aínda que agora podemos salir un cachiño cada día, seguimos a ver o mundo desde as nosas fiestras. É sempre igual o que vemos? O podemos enxergar cada día cousas distintas? O que vemos depende só da paisaxe? Sabedes que hai fiestras que nos ofrecen cada día unha nova paisaxe? Non? Pois ollade este vídeo…
#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Dona Paca Pataca, polo Monitorado do Salón Virtual

Seguro que neste tempo de estarmos na casa tivemos tempo de ordenar a nosa roupa, a que si? E a que tamén apareceron calcetíns vellos, gastados, furados ou desparellados? Se non atopamos ningún, na lavadora debe haber polo menos un par de ducias, falade con ela e que vos deixe algún dos que, por arte de maxia, fixo desaparecer, que estas lavadoras sonche moi cucas… Pois temos unha idea fantástica para darlle unha segunda vida a estes calcetíns. Tedes curiosidade? Pois mirade o vídeo da nosa Paca Pataca, a ver se vos inspira. E, de paso, dicir o nome de Paca Pataca seguido, moi rápido, sen ensarillar a lingua… A que custa? A que mola?

 

Conto de animais, polo Monitorado do Salón Virtual

Bo domingo, familias! Que, xa gozastes do voso paseo de hoxe? Como foi a experiencia? Seguro que de marabilla! E para a acabar ben a semana, deixámosvos cun conto moi especial, creado pola nosa equipa de “monis”, un conto de creación propia que seguro vos fará agromar un sorriso…ou dous! Vai una semana máis… e outra menos!
#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

O Salón, XXI Edición: “O Humor”.

Quen nos ía dicir que a edición XXI do Salón ía acabar aos seis días de empezar, que unha edición que debía rematar na fin de marzo pechase as portas un venres 13, que se tería que reinventar, mudar e transformarse nunha xanela virtual na que iamos celebrar tamén o 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil e o 23 de abril, Día Internacional do Libro. Foron seis días, pero deu para encher Pontevedra de contos, música, arte, poesía, baile, HUMOR e sobre todo, moito AMOR polos libros e a lectura. O Salón aínda continúa, pero neste día tan especial que temos que celebrar o libro desde as nosas casas-gaiola, valla esta peza para lembrar o que empezou a ser, o que puido ser e o que con certeza volverá ser para todos e todas o Salón do LIbro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Vémonos nas redes, pronto nas rúas pero sempre nos seguiremos vendo entre as páxinas dos libros que amamos.
#NonCancelamos #DíaDoLibro
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Marcapáxinas de animais, por Bea Gregores

No Salón Virtual non nos cansamos de celebrar o(s) día(s) do(s) libro(s)! Para hoxe convidamos á nosa amiga Bea Gregores, unha das ilustradoras finalistas do Premio Internacional de Ilustración do Salón para que nos fixera unha proposta artística para facermos marcapáxinas para os nosos libros favoritos. Xa veredes que chulísimos lles quedaron! A idea é facermos nos as nosas propias propostas. Poden ser dos mesmos animais, doutros que nos gusten… o do que nos pete, que para iso somos artistas! Grazas Bea por darnos tan boas ideas! (ata nos pode de servir de idea de agasallo para mamá este domingo!)
#NonCancelamos #DíaDoLibro
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

O día da Terra: xogamos e reciclamos, polo Monitorado do Salón Virtual

Boas, familias! Hoxe celebramos o Día da Terra, ollándoa desde detrás das fiestras. A nosa ausencia, aínda que por tristes razóns, está axudando a eliminar contaminación, contribuíndo ao nacemento de especies en extinción, volvendo limpo o ar, os mares, os ríos… Valla este confinamento para reflexionar sobre o papel nocivo que os humanos exercemos sobre a natureza cando non temos conciencia de que estamos a estragar a nosa propia existencia. Por iso, as crianzas temos moito que enseña ás persoas maiores, podemos crear un modo de vida máis respectuoso, solidario, cambiar hábitos de consumo, cambiar formas de vida, escoitar o que Terra nos está a berrar hai tempo e parece que os maiores se empeñan en non escoitar. Pois nós podemos dar exemplo e facer os nosos xogos reciclando, por exemplo, botellas de plástico. Por algo se empeza, non?

Libros en movemento, polo Monitorado do Salón Virtual

Hai moitos tipos de libros, grandes, pequenos, de medo, de aventuras, ilustrados… A nós gústannos (case) todos, pero hai un tipo de libros que sempre facemos no Salón e este ano na nosa edición virtual non ía ser menos! Seguimos celebrando por adiantado o Día do Libro cunha proposta de FLIP-Book que vos vai FLIPar! Que non? Mirade o vídeo e logo xa nos contades…
#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Celebramos o Día Internacional do Circo

Merendas divertidas: Caghalletas, polo Monitorado do Salón Virtual

Xa hai tempo que non facemos, no Salón Virtual, unha das nosas “Merendas divertidas”. Por iso hoxe propoñémosvos facerdes— “Caghalletas!”. E que son estas caghalletas? Por para sabelo teredes que ver o vídeo que preparamos para vós. Unha pista, son unhas cousiñas de cor marrón, poden ser de distintos tamaños, formas e texturas, iso xa depende de quen as faga! 😜

#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa