Arte no Salón: Tropecistas, polo Monitorado do salón Virtual

Hoxe celebramos o Día da Arte, aínda que para nós arte, creatividade e a fantasía son do que nos alimentados cada día. Se algo bo nos está a dar o peche nas casas é termos máis tempo para plasmar en papel, cartón ou no soporte que for, todo o que temos no maxín. As nosas monitorARTistas propoñen, seguindo o fío do Circo, unha proposta plástica ben fermosa e divertida, para que vós a fagades ao voso xeito, por a arte é iso, plasmar a nosa propia forma de ver o mundo.

 

Saúdo e agasallo desde Anxentina: Paula Ventimiglia

Boa tarde familias! Hoxe tivemos unha sorpresa do máis agradable no Salón Virtual. Unha das ilustradoras finalistas do III Premio Internacional de Ilustración do Salón, Paula Ventimiglia, quixo saudarnos desde o seu país, Arxentina e facernos un agasallo xenial. Preparou a súa ilustración para que puidesemos colorear ao noso gusto. Tamén nos falou dunha obra que ten publicada en Galicia: “Morriña” con Hércules de Ediciones, que conta a historia da súa avoa, que foi unha das tantas emigrantes galegas que en Bos Aires. Paula tivo que cancelar a súa viaxe a Galicia por mor da pandemia, pero agardamos que poida visitarnos moi pronto. Grazas, Paula, mandámosche desde Pontevedra bicos e apertas (virtuais, de momento)
Podedes descar gar as dúas imaxes, a orixinal e a que nos preparou para colorear neste enlace:

https://bit.ly/3ekrU5h

Paula Ventimiglia

Día Internacional do Bico

Bicos como balas;
balas de cartón;
balas como bicos;
bicos de algodón.
Son balas de bicos.
Son bicos de cor.
Son bicos de balas.
Balas de candor.
Con este poema do noso amigo querido Antonio García Teijeiro e co vídeo que fixo o súper equipo do Salón Virtual, desexámosvos un amoroso, soleado e feliz día dos bicos. Veña, que en nadiña estamos xa na rúa dando bicos (aínda que sexan polo ar) ás nosas persoas máis queridas!
#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Quitamedos, polo Monitorado do Salón Virtual

As nosas monis non para de darlle ao maxín. Hoxe traen a proposta de de facerdes un Quitamedos (pero con moito humor). Cando temos medo, o mellor é mirarlle á cara ao medo e sen quen de rirmos del. Queredes saber en que consiste esta proposta? Pos adiante!
#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Lanzamento de aro, polo Monitorado do Salón Virtual

Boa tarde familias, como andades? Para esta tarde traémosvos unha proposta creativa e divertida. como ben sabedes, o tema do Salón deste ano foi o Humor e o Circo un dos seus eixos temáticos. Pois ben, mesturando as dúas cousas as nosas monitoras estiveron argallando unha proposta ben interesante para que poidades facer, na vosa casa, lanzamento de aros. Ademais de practicar a puntería dá para exercitardes a imaxinación. Animádesvos?
#NonCancelamos
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

AS CORES DENDE O SALÓN, polo monitorado do Salón Virtual

Para os días grises, contos de cores! E este, moi especial creado polo noso monitorado, para entendernos mellor o mundo (desde casa, claro!).

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

A ruleta do Salón

Bo dia, familias! Para amenizar a corentena na casa propoñémosvos unha ruleta de palabras con temática do Salón do Libro, no que xa sodes especialistas. En que consiste? En que a partir das letras do abecedario completemos a ruleta con palabras que empecen ou conteñan a letra que se sinala. Só tedes que pinchar no seguinte enlace e ser veloces nas vosas respostas. Só tedes 5 minutos ⌛️😅.  Premede AQUÍ. A por todas!

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Experimentos no Salón, polo Monitorado do Salón do Libro

Levamos tanto tempo se saírmos de casa que xa non sabemos cando é un día, cando é outro… no entanto cómpre non perdermos e norte. E para iso, nada mellor que o experimento que nos propoñen desde a equipa de monitorado do Salón… Non tedes curiosidade?

 

UNIVERSO MUNARI, por Itziar Ezquieta

Outro dos autores italianos de referencia dentro desta XXI edición do Salón foi o artista e pedagogo italiano Bruno Munari. Por iso a nosa amiga Itziar Ezquieta nos preparou esta proposta tan fantástica de facer o noso autoretrato a partir do universo artístico de Munari ou, aínda mellor, do voso propio universo creativo. Aceptades o reto? Veña, artistas!

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Outro dos autores italianos de referencia dentro desta XXI edición do Salón foi o artista e pedagogo italiano Bruno Munari. Por iso a nosa amiga Itziar Ezqui…

Torradas divertidas, polo equipo de Monitorado do Salón Virtual

En que hora estamos? Pois na hora da merenda! (ou non, tanto ten) Aii que fame! Hoxe podemos facer a merenda para toda a familia, sorprender na casa cunhas torradas moi saborosas, saudables e divertidas. Mirade o que estiveron a argallar na nosa equipa de monis para facer unha suculenta merendola! Presta ou non presta?