Estamos moi animad@s, por Curiosaurios Club

O doutor F. Liz, e a súa compañeira, a doutora Anahí, de Curiosaurios Club, tráennos este tutorial de animación en #stopmotion. Trátase dun tutorial para que podades facer os vosos propios monstros animados, ben sexa para felicitacións, para facer chistes ou mesmo para facer os vosos propios #memes!

Nesta ligazón podedes descargar o modelo das boquiñas que necesitaredes para que os vosos personaxes poidan falar e contarnos moitas cousas:
https://drive.google.com/open…

Tamén teñen disponible en YouTube o tutorial doutro dos obradoiros que ían facer no Salón do libro na seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=gYS2VS0WEJo

E
se queredes saber máis do proxecto de Curiosaurios Club, podedes visitar as súas redes sociais:

https://www.facebook.com/CuriosauriosClub
https://www.instagram.com/curiosauriosclub/
https://twitter.com/curiosaurios

E o seu Verkami:

https://www.verkami.com/…/25984-curiosaurios-club-un-viaje-…

Non dubidedes en enviarnos as vosas creacións! Encantaranos velas e poder compartilas con todo o mundo!

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

 

Colgador para o baño, polo Monitorado do Salón Virtual

Boa tarde, familias! Seguro que hoxe tedes a creatividade ao máximo, a que si? Pois para aproveitala, o noso monitorado ofrécevos unha proposta moi interesante para organizardes as quendas do baño na vosa casa… Como? Moi fácil, cun colgador de Orbil. Atendede!
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Arco da vella, by Monitorado do Salón do Libro

Bo domingo, familias! Caramba como chove hoxe…a que si? Pois un día ideal para quedarmos na casa ( ;-p) facendo…por exemplo, un arco da vella para colgar nas nosas fiestras, como nos propón a equipa de monis do salón Virtual- Que xa tedes un? Pois facedes outro, que seguro tedes máis dunha fiestra na casa. Que non tedes ningún? Pois esta é a vosa! Veña, a por cartolinas, ou folios e cores, ou cintas, ou papel do w.c…Imaxinación ao poder (e ao lecer!)

Orbil na horta

Boa tarde, familias! Moit@s nos preguntades como está pasando a nosa Mascota a corentena, ímosvos ir contando nestes días… Pois ademais de poñerse ao día coas lecturas (tod@s sabedes que é un lobo moi lector) está aproveitando para manter en bo estado a leira e o xardín da casa: apar as ponlas, cortar a herba, poñerlle unha casiña aos paxariños…ai! Que susto, case se non manca! Xa sabedes, quedade na casa e se tedes horta ou xardín, coidadiño!

 

ACQUA IN BOCCA, por FRANCESCA CARLUCCI

Bo día, familias! Como sabemos que sodes moi curiosas e que tedes moitas ganas de aprender cousas novas… que vos parece aprender un chisco de italiano? Nesta XXI edición tivemos a oportunidade de facer unha chea de amizades en Mater Lingua Pontevedra, a asociación de alumnado e ex-alumnado da EOI de Pontevedra, de familias italianas que viven na nosa cidade e da Società Dante Alighieri de Vigo. Entre as nosas novas amigas está a tradutora Francesca Carlucci, que hoxe nos vai facer unha “masterclass” caseira para irmos aprendendo este idioma tan fantástico e sonoro que é o italiano. Veña, atrevédesvos? L’italiano e molto facile e divertente! 

APRENDE BANDA DESEÑADA con FIZ – Lección 1- Kiko da Silva 2020

VELAQUÍ O TAN ESPERADO OBRADOIRO📯📯📯📯📯: APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ
LECCIÓN 1

Kiko da Silva, autor de APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ e director de O GARAXE HERMÉTICO, a Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galiza (www.ogaraxehermetico.com), este ano é o ilustrador homenaxeado do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Kiko e Fiz decidiron montar este pequeno curso online por que pensaron que, agora que tedes moito tempo ao estardes confinados nas vosas casas, talvez sexa un gran momento para poñervos a aprender a debuxar historietas e quen sabe, provocar así que xurdan novas xeracións de autores/as de BD.

Nesta primeira lección, Kiko Da Silva e Fiz, o neno máis porco do mundo, ensinaranvos as orixes da BD que nos levará ata as pinturas rupestres das cavernas prehistóricas e ensinaranos a perderlle o medo a debuxar. Crearemos personaxes simples, fáciles de debuxar e lembrar para podelos mover nas nosas viñetas. Ese mesmo sistema tamén serve para facer personaxes con acabados máis realistas e profesionais.

MATERIAIS NECESARIOS

FOLIOS A4
LAPIS E GOMA DE BORRAR
ROTULADOR NEGRO
ROTULADOR DE COR CLARA OU ACUARELAS
PAPEL VEXETAL

Enviade os vosos resultados do curso por email: ogaraxehermetico@gmail.com

Entre os que enviedes debuxos sortearemos 2 exemplares asinados e adicados por Kiko da Silva de APRENDE BANDA DESEÑADA con FIZ !!! (editado por XERAIS)

 

As probas dos MONISTÉRIX, by Monitorado do Salón Virtual

Boas, familias! Sabedes como celebrou o Día do Libro Infantil e Xuvenil o noso monitorado? Pois facéndolle unha homenaxe ao recentemente finado Albert Uderzo, o debuxante dos nosos tan queridos libros de Astérix e Obélix. E que fixeron? Pois inspirándose na historieta das “Doce probas de Astérix” elaboraron a súa propia xincana de probas… Velaquí o resultado!
Se queredes, podedes tamén facer as probas vós na casa!
Podedes descargar as probas nese enlace:
https://bit.ly/3aF6Zrt

Concerto en zapatillas, por Pablo Díaz e Olga Kirk

Estar en casa ten moitas cousas boas, entre elas podermos estar en zapatillas, que son moi cómodas e non mancan nadiña os pés. En zapatillas podemos xogar, ler, cantar e bailar. E asistir a concertos tan estupendos como o que nos ofrecen hoxe desde o Salón Virtual Pablo Díaz Carro e Olga Kirk. Todo un luxo, a que si? Pois a gozar da música neste día tan especial, das cancións da primavera, das xoaniñas que van á moda, das churrascadas no san Xoán, dos cow-boys con vacas e bois….

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa #DíadoLibroInfantileXuvenil #narraciónoral #narraciónoralgalega

 

Feliz Día do Libro Infantil e Xuvenil!

Hoxe, desde casa, celebramos o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Aínda de que tiñamos prevista a clausura desta XXI edición hai ben tempo, seguimos día a día programando, xerando novos contidos, tentando manter as actividades dos artistas e creador@s que formaban parte do noso programa, nun novo formato, de salón a Salón, igual non tecnicamente perfecto pero feito con todo o cariño e a ilusión. Puxemos ao noso monitorado a matinar e sacaron do seu maxín cousas marabillosas. A caloriña do público chéganos en forma de likes, visitas, comentarios, cartas, de sorrisos virtuais que nos acompañan e que nos dan azos para seguirmos traballando. Ata podermos gozar do ar da primavera nas rúas, aquí seguiremos con vós, día a día, poñendo cores, palabras, xogos e voces ás casas infinitas que ao tempo que nos afastan, tamén nos unen. Ata ese momento, o Salón Virtual é a nosa, a tamén a vosa casa. Feliz día do Libro Infantil! Para festexalo como a ocasión o mercece, teremos unha programación moi especial durante todo o día. Hoxe, para nós, é festa!
#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa #DíadoLibroInfantileXuvenil

Celebramos a primavera, polo Monitorado do Salón Virtual

Aínda que nos pilla sen saírmos da casa, a primavera xa chegou! E como de momento non podemos ir a parques, nin xardíns, imos facer un xardín coa arte que temos no maxin . Atendede ao que nos conta a nosa monitora Paula neste vídeo tan chulísimo! Se queredes, compartide con nós as vosas creacións, ou nas redes sociais do Salón ou a través do email: salondolibro@pontevedra.gal

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Aínda que nos pilla sen saírmos da casa, a primavera xa chegou! E como de momento non podemos ir a parques, nin xardíns, imos facer un xardín coa arte que te…