Creando o noso buscacacas, polo Monitorado do Salón Virtual

Lembrades o xogo que había na sala CACA-CU-PEIDO-PIS?💩🍑💨💦 Igual hai tanto tempo que fostes que xa non… Ou igual non vos deu tempo a visitala. Non vos preocupedes, temos a solución para calquera das dúas circunstancias! O noso súper equipo de monitorado do Salón Virtual creou para vós este vídeo explicativo para facerdes o voso busca-cacas caseiro. Podedes engadir todo tipo de elementos porcos e escatolóxicos que se vos ocorran! A que mola?

#EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa