Indicador de pH a partir da Col Lombarda
por Xacobo de Toro
Esta é a segunda achega de vídeos sobre o cambio climático que nos presenta o noso amigo Xacobo de Toro, profesor e divulgador científico. Que ten que ver o PH, cunha col lombarda e co cambio climático? Tedes curiosidade? Pois velaquí tedes a resposta. Podedes facer este experimento na casa, en familia.