Entradas por Comunicacion

Foi bonito (e divertido!) mentres durou

Esta XXI edición do Salón pasará á (nosa) historia coma a máis breve de todas, non chegou a seis días. Non podemos esconder que estamos tristes, moi tristes, porque levabamos un ano traballando arreo para ofrecervos un programa da máxima calidade e a penas puidemos arrancar. Tristes porque superamos moitos atrancos para finalmente conseguirmos construír […]

“Teño tanto medo… cagho patatillas”

  “Trémenme as pernas trémenme as canillas, teño tanto medo… cagho patatillas”. E con esta cancionciña (e idea de fondo) Brais das Hortas encadeou historias de medo, cancións, contos para asustar, contos para gozar. Historias que saíron dunha vella maleta agachada no faiado nunha noite de inverno e que fixeron a ledicia de pequenos/as e […]

As Escolas Unesco levan unha Plastiquiñ@ versión Salón

  As Escolas Asociadas da UNESCO  convidaron ás nenas e nenos a deseñar no Salón unha versión pontevedresa da Plastiquiña/o, a mascota que viaxará polo mundo adiante – de escola en escola, de país a país- para concienciar á mocidade e aos maiores sobre a necesidade de reducir o uso do plástico. O modelo foi […]

“O inferno do debuxante” por Kiko da Silva

    Hoxe achegámonos á BD e á vida dos debuxantes con Kiko da Silva e a súa obra O inferno do debuxante, unha orixinal aposta creativa que xoga coa realidade e a ficción, co humor e a retranca, que serve de homenaxe á creación de historietas do último terzo do século pasado. A rapazada do […]

A realidade aumentada dá moito xogo… e moito riso

    A realidade aumentada da moito xogo e… moita risa. Que llo pregunten á cativada dos “coles” Marcos da Portela e Cabanas-Salcedo que hoxe participaron no obradoiro “Aumentando o humor” de Ceo Aberto.  Primeiro coñeceron varias aplicacións, entre elas a “Quiver”, e despois, de xeito práctico, comprobaron o que pasaba cando escaneaban as imaxes e […]

Historietistas!

  Todas e todos escachamos de risa con algunhas historietas, non si? Hoxe axchegámonos ao mundo da BD e aprendemos a planificar viñetas, debuxalas ou mesmo incorporar textos e crear historias con imaxes de banda deseñada xa existentes. Mans á obra! Grazas a VAN Divulgación Cultural e ao seu obradoiro de “Risadas Deseñadas”, a rapazada […]

Criaturas fantásticas co Multicreator-2020

  Unha nena con corpo de plátano e patas de vaca? Un can con corpo de home? Un vaca con corpo de mazá? Por que non? Todo é posible no Salón co “Multicreator 2020”, o divertido e diabólico aparello construído hoxe por alumnado dos “coles”  Os Sauces e Cabanas-Salcedo no obradoiro guiado por Anxo Fariña. […]

Moito conto!

    Hoxe foron os alumnos e alumnas dos “coles”  Cabanas-Salcedo, Crespo Rivas, Marcos da Portela e Os Sauces os que quedaron engaiolados cos contos, cancións e brincadeiras d@s nos@s contador@s de historias: Migallas Teatro, Pavís Pavós, Andrea Bayer e Celso Fdez Sanmartin. Foi unha mañá magnífica, de moito conto! ;-p

Orbil, listo para dar a benvida!

    Cada día é unha festa na entrada do Pazo da Cultura. Orbil é o mellor anfitrión e cada mañá  recibe emocionado na portas aos escolares que chegan ao Salón  para participaren nos seus contacontos e obradoiros e percorreren, guiados polo monitorado o mundo máxico dos libros. Hoxe visitáronos as nenas e nenos dos […]

O mundo de Adela Turin

  Se hai unha autora italiana pola que teñamos devoción no Salón do Libro é Adela Turin. O mesmo lle pasa a Raquel Queizás, e por iso  agasallounos con catro das obras que a escritora do noso país convidado fixo en colaboración coa ilustradora Nella Bosnia nunha colección pioneira no feminismo na LIX “Dalla parte delle […]