Entradas por Salón do Libro

Ao Salón tamén lle molan as terrazas

A primavera chegou cun tempo máis propio do verán e no Salón do Libro non estamos dispostos a desperdiciar a oportunidade de disfrutar un pouco deste soliño. Así que organizamos unha sesión de contacontos no bar Pavero, no campiño de Santa María, e aproveitando que a nosa convidada, Benita Prieto, é brasileira, nada mellor que […]

Aos bebés tamén lles gusta o teatro

A sala de Obradoiros do Pazo da Cultura acolle hoxe, en tres sesións, a representación da obra de teatro para bebés da compañía Os Náufragos titulada Comenoites. Os cativos fican abraiados, ao mesmo tempo que aprenden as diferenzas entre o día e a noite, co apetito de Comenoites, un trasno ao que lle encanta papar […]

Ilustracións que voan

Antes de que se inventara o cinema as imaxes eran estáticas, xa foran fotografías ou ilustracións. Pero iso non quere dicir que a sensación de movemento non existira. No obradoiro Acción! Revolución! da academia de Stop Motion Kraken viaxamos ata o século XIX para coñecer os aparellos precursores do cinema. As crianzas debuxaron uns paxaros […]

Debuxos con sentidiño

Moitos pensan que os debuxos só entran polos ollos, que só poden percibirse polo sentido da vista. Pero iso non é así. Anxo Fariña, que hoxe celebrou o seu 42 aniversario connosco no Salón do Libro, ensinoulle ás familias que participaron no seus obradoiros que as ilustracións tamén poden tocarse, oírse e ata ulirse. Cómo? […]

Historias que se contan e se cantan

No auditorio do Pazo da Cultura comezou a primeira xornada do Salón do Libro cun espectáculo de poesía, música, baile e contacontos e alí mesmo rematou pasadas as oito da tarde coa estre dunha obra de treatro musical producida por Magín Blanco e o Teatro Ghazafelhos. O remate das mesmas foi idéntico, un público abraiado […]

O regreso de Schrödinger, no Salón

O ilustrador pontevedrés Kiko Dasilva presentou esta tarde no espazo adicado á banda deseñada do Recinto Feiral a segunda entrega da revista producida por Garaxe Hermético e a Mesa pola Normalización Lingüística, A Viñeta de Schrödinger. Na presentación, o debuxante fixo un profundo repaso pola historia da banda deseñada galega e as trabas administrativas, económicas […]

Batalla de contos

O anfiteatro do Recinto Feiral non é un ring de boxeo, pero nel tivo lugar unha pelexa. Pero non vos asustedes, foi unha pelexa pacífica e moi entretida. As loitadoras foron a brasileira Benita Prieto e a galega Paula Carballeira. Ámbalas dúas loitaron por facer rir a un público que, aínda que maioritariamente de curta […]

Masterclass cun ilustrador de Premio Andersen

O ilustrador brasileiro, gañador dun premio Andersen, Roger Melo impartiu esta tarde unha clase maestra diante de doce alumnos, todos eles profesionais deste ámbito, entre os que estaban ilustradores do Garaxe Hermético, estudantes do mestrado de Ilustración, diseñadores ou arquitectos. Durante a sesión, Melo fixo un rápido repaso da súa traxectoria profesional para logo propoñer […]

Dáme a chapa

Unha prensa, uns redondeis metálicos e a imaxinación das crianzas é o único que fai falla para crear a chapa perfecta. O obradoiro de chapas do salón foi todo un éxito. A cativada entraba no Espazo Reviravolta, collía un rotulador e uns colores e plasmaban nun folio o primeiro que lle viña a mente. Logo […]

Debuxo ou ilustración?

Non é doado saber que é o que diferencia un debuxo dunha ilustración. Mais os que acudiron esta tarde ao obradoiro impartido polo ilustrador brasileiro André Neves xa o teñen claro. A explicación foi moi sinxela, trazou unha araña nunha pizarra e preguntou aos asistentes: Ilustración ou debuxo? Ninguén errou, era un debuxo. Logo engadiu […]