Entradas por Salón do Libro

ACQUA IN BOCCA, por FRANCESCA CARLUCCI

Bo día, familias! Como sabemos que sodes moi curiosas e que tedes moitas ganas de aprender cousas novas… que vos parece aprender un chisco de italiano? Nesta XXI edición tivemos a oportunidade de facer unha chea de amizades en Mater Lingua Pontevedra, a asociación de alumnado e ex-alumnado da EOI de Pontevedra, de familias italianas que viven […]

APRENDE BANDA DESEÑADA con FIZ – Lección 1- Kiko da Silva 2020

VELAQUÍ O TAN ESPERADO OBRADOIRO📯📯📯📯📯: APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ LECCIÓN 1 Kiko da Silva, autor de APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ e director de O GARAXE HERMÉTICO, a Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galiza (www.ogaraxehermetico.com), este ano é o ilustrador homenaxeado do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Kiko […]

As probas dos MONISTÉRIX, by Monitorado do Salón Virtual

Boas, familias! Sabedes como celebrou o Día do Libro Infantil e Xuvenil o noso monitorado? Pois facéndolle unha homenaxe ao recentemente finado Albert Uderzo, o debuxante dos nosos tan queridos libros de Astérix e Obélix. E que fixeron? Pois inspirándose na historieta das “Doce probas de Astérix” elaboraron a súa propia xincana de probas… Velaquí […]

Concerto en zapatillas, por Pablo Díaz e Olga Kirk

Estar en casa ten moitas cousas boas, entre elas podermos estar en zapatillas, que son moi cómodas e non mancan nadiña os pés. En zapatillas podemos xogar, ler, cantar e bailar. E asistir a concertos tan estupendos como o que nos ofrecen hoxe desde o Salón Virtual Pablo Díaz Carro e Olga Kirk. Todo un luxo, […]

A galiña e o crocodilo, por Pavís Pavós

E como iamos celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil sen os nosos amigos Tareixa e Xacobe de Pavís Pavós? Non os puidemos ver na sesión familiar do Salón, pero aquí os temos no salón da nosa casa e no Salón Virtual, traendo sempre o humor e alegría de historias tan fantásticas como esta que […]

O rato que quería un palacio, de Charo Pita

Hoxe non paramos no Salón, neste maratón virtual de contos para celebrarmos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Imos agora coa nosa amiga Charo Pita que nos achega, desde debaixo dunha árbore 😀 a historia dun ratiño que arelaba ter un palacio. Nós, palacio non temos, temos unhas casas infinitas onde cabe toda a imaxinación […]

O pequeno morcego, por Paula Carballeira

Seguimos a nosa celebración con outro conto de Paula Carballeira. A nós, como a ela, encántannos os contos de animais, tamén os de animais da noite, coma o des morcego que quería saír tamén de día (nós tamén arelamos saír, quer de noite, quer de día, mais de momento…quedamos no casa moi felices!)  

A bela Polenta, por Soledad Felloza

A nosa amiga Soledad Felloza estivo presente na inauguración do Salón e estaba previsto tamén que participara o día da clausura. Como esta última actuación non puido ser, gravounos un conto do noso país convidado, Italia. Con el comezamos a programación especial deste día. #EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa #DíadoLibroInfantileXuvenil #narraciónoral #narraciónoralgalega

Feliz Día do Libro Infantil e Xuvenil!

Hoxe, desde casa, celebramos o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Aínda de que tiñamos prevista a clausura desta XXI edición hai ben tempo, seguimos día a día programando, xerando novos contidos, tentando manter as actividades dos artistas e creador@s que formaban parte do noso programa, nun novo formato, de salón […]