Entradas por Salón do Libro

Creando o noso buscacacas, polo Monitorado do Salón Virtual

Lembrades o xogo que había na sala CACA-CU-PEIDO-PIS?💩🍑💨💦 Igual hai tanto tempo que fostes que xa non… Ou igual non vos deu tempo a visitala. Non vos preocupedes, temos a solución para calquera das dúas circunstancias! O noso súper equipo de monitorado do Salón Virtual creou para vós este vídeo explicativo para facerdes o voso […]

As nubes desde o Salón, Monitorado do Salón do LIbro de Pontevedra

Estes días entraba o soliño 🌞pola fiestra de casa 🏠pero hoxe… apareceron as nubes 🌧 e a chuvia. Aínda que a todas e todos nos gusta máis a luz do sol…as nubes tamén son boas e necesaria. E tamén divertidas! Como que non? Pois vede o que prepararou a nosa súper equipa de Monitorado do Salón Virtual. #EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa  

Haikus, por Cristina Corral

Hai xusto dez días que celebrabamos no Salón Virtual o Día da Poesía. Pero para nós todos os días merecen seres celebrados cun poema, cun verso…ou cun Haiku. Sabedes o que son os Haikus? Pois poemas breves, de orixe xaponesa, con tan só tres versos: de cinco, sete e cinco sílabas. Pro a nosa a […]

U-la Lúa, por Celtia Figueiras, A Xanela do maxín

Queredes un conto de gatos?🐱🐱 A que si? Pois vai esta historia monicrequeira que nos achega Celtia Figueiras: Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares […]

A galiña pequeniña, por Pavís Pavós

Hoxe atrasamos unha hora no reloxo e, así, o día vai ser algo máis pequeniño, como a vella pequeniña, que vivía nunha casiña ben pequeniña e que un día atopou unha galiña tamén moi pequeniña. Queredes saber como é este conto? Pois Xacobe Rodriguez Rivas, de Pavís Pavós, váinolo contar. Lavade ben as orellas (e as mans, […]

Risadas Deseñadas, por Van Divulgación

@s nos@s amig@s e colaborador@s habituais de VAN Divulgación Cultural quedaron sen facer o seu obradoiro familiar para o Salón, así que nos gravaron un vídeo moi chulo sobre a linguaxe da BD para o Salón Virtual. Gústanvos as historietas? Animádesvos a facer unha? Pois dádelle duro! #EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa

Humor en 3D, por Eva Agra, de 7H cooperativa Cultural

Sabedes o que son os libros pop-up? A que molan unha chea? Pois que sorte temos no Salón Virtual, que Eva Agra nos amosa como facer un! Libros en 3D en papel pero con tecnoloxía dixital (de facer dos dedos claro 😀) Mirade que monstro tan monstruoso e tan simpático! Veñá, bulide! 7H Cooperativa Cultural #EuQuedoNaCasa #OrbilQuedaNaCasa #OSalónVirtual #CulturaNaCasa Sabedes o […]

A ilusión de ler, por Magia en la manga

Este ano no Salón tiñamos preparada unha sorpresa moi especial, por primeira vez na historia do Salón un espectáculo de maxia literaria cos nosos amigos de Magia en la Manga. Non puidemos velos en vivo e en directo e agardamos que nos acompañen na edición XXII do Salón, pero desde as súas casas tamén nos animan […]

Rokeando na casa, con Pakolas

Levamos xa un tempiño cumprido pechad@s na casa e xa apetece desafogar un chisco, non si? Pois para iso, nada mellor que unha boa sesión de Rock caseiro. E con quen mellor que co noso amigo Paco Cerdeira Pakolas? Ou ieaa, rapazada! A gozar a tope, chimpar, choutar e bailar… vaia planazo de sábado, Rock […]

Cucú, por María Faltri e Jorge Juncal

Hoxe imos ter un día moi especial e empezamos cun espectáculo musical para @s máis peques da casa (en realidade para peques de calquera idade!). Da casa de Maria Faltri e Jorge Juncal directo ás vosas casas, de salón a Salón… Xa podedes gozar de “Cucú” en edición especial “Quedamos na casa! Un espectáculo musical e visual […]